A raíz de la nota de prensa que emitió esta mañana la Comisión de Fiestas de Santa Cruz, el Concello de Oleiros ha publicado una nota en su web. Os la transcribimos literalmente, como hicimos con la de la Comisión.

 

O Concello de Oleiros quere agradecer, unha vez máis, o traballo realizado por todas as persoas que forman e colaboran coa Comisión de Festas de Santa Cruz, que con tanto éxito, paixón e traballo levan adiante as festas desde hai anos baixo a dirección de Román Montero. Tamén é certo que algunhas das actividades organizadas deberán ser revisadas para evitar os lamentables acontecementos sucedidos provocados por vándalos de fóra do municipio e polo excesivo consumo de alcol e drogas.

O Concello é un dos máximos colaboradores das comisións de festas de todo o municipio. No caso de Santa Cruz esa colaboración é superior, por estar encravadas as festas nun núcleo urbano, no que se orixinan grandes problemas de tráfico e aparcadoiros, así como necesidades de limpeza viaria moi importantes, non só na praza Esther Pita, senón tamén no paseo, praia, rúas, parques infantís, zonas verdes e prazas de toda a localidade. A axuda do Concello á Comisión non é económica, pero supera en moito os cartos que se puideran dar cos servizos que se prestan.

En canto á presenza de efectivos de seguridade a noite do martes 22, o comunicado emitido hoxe non se axusta á realidade. Houbo 16 efectivos municipais: 7 axentes da Policía Local e 9 axentes do Servizo Municipal de Emerxencias. É dicir, todos os recursos municipais dispoñibles –as demais parroquias tamén teñen que ser atendidas polos corpos de seguridade-. A Garda Civil participou con 3 patrullas.

A Policía Local non é un corpo de antidisturbios, nin tampouco ten capacidade nin medios para controlar a grupos organizados que provocan alteracións da orde pública. A pesar das difamacións, é xusto recoñecer o destacado traballo realizado polos axentes municipais, enfrontándose a situacións ás que deben atender outros corpos de seguridade.

A ampliación do espazo da festa, trasladando as casetas ata o parque Luis Seoane para mellorar a seguridade non xustifica a incívica aldraxe cometida contra o monumento a Federico García Lorca. Non foi o Concello quen colocou alí o cadro eléctrico nin os cables.

No comunicado emitido hoxe, atribúeselle toda a responsabilidade dos problemas nas festas ao Concello, sen ningún tipo de alusión á Garda Civil ou á Delegación do Goberno –coas competencias en desordes públicos desta magnitude-. Este tipo de actitudes interesadas dalgunhas persoas, que pretenden atacar inxustamente ao Goberno municipal e manipular a realidade, non manchan nin o traballo nin o éxito da Comisión de Festas de Santa Cruz.

Por iso, unha vez máis, felicitalos a todas e todos os directivos e colaboradores, lamentar os disturbios acontecidos e animalos a continuar o vindeiro ano, pero sen Xacobebo. Ante o clamor das entidades veciñais e da inmensa maioría de cidadáns, para defender a saúde pública da nosa mocidade, o Concello non permitirá que se volva celebrar este evento. Non toleraremos ningún retroceso na construción da sociedade culta, educada e tolerante que levamos cultivando durante décadas en Oleiros entre o Concello e o movemento veciñal.

- Publicidad -Diseño web Coruña

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here