Connect with us

Fiestas en Oleiros

Nueva nota de prensa de Festas de Santa Cruz como respuesta a las declaraciones del alcalde

Publicado

en

Comunicado integro Comisión de Fiestas de Santa Cruz

Estimadxs veciños e veciñas de Santa Cruz:

En primeiro lugar queremos darvos as grazas de corazón a todxs vós polos centos de
comentarios de ánimo e apoio nas redes sociais. Tamén aos centos de veciñxs e amigxs que durante toda esta semana se están dirixindo persoalmente a nós para felicitarnos e intentar que nos sintamos mellor. A rabia pola situación vivida a semana pasada mudou en orgullo e tranquilidade grazas a todxs vós. Tamén queremos agradecer o voso comportamento exemplar durante todas as festas; é unha mágoa que os actos dun grupo tan reducido de individuos alleos á festa, unidos á mala xestión municipal, poidan facer tanto dano.

Unha semana despois de ter que adiantar o horario de finalización das festas polo motivo que todas e todos sabedes, o Concello de Oleiros segue sen interesarse pola nosa situación. Estamos tremendamente decepcionados coa actitude do Concello de Oleiros, que en ningún momento durante esta semana fixo ademán de conversar con nós para a busca de solucións e a depuración de responsabilidades. Lamentamos profundamente as declaracións realizadas nestes días polo Sr. Alcalde, evitando enfrontarse aos problemas relatados no noso primeiro comunicado do día 28 de agosto e buscando xerar polémicas innecesarias e desviar a atención nos medios.

Intentar culpar do ocorrido a un evento como o Xacobebo que nada tivo que ver cos lamentables acontecementos das noites do venres 18 e martes 22 de agosto parécenos incorrecto. Ademais parécenos indignante que o Sr. Alcalde esquecese que o evento non aparece no cartel das festas porque así o rogou el mesmo na reunión previa ás Festas de Santa Cruz do ano 2019.

Atacar directamente a un membro da directiva da Comisión de Festas que regala o seu tempo e as súas vacacións en traballar gratuitamente para o seu pobo, e despois borrar esa parte dun comunicado nas redes sociais e páxina web municipal, é inadmisible. As continuas declaracións do Sr. Alcalde sobre o noso amigo, intentando desviar a atención cara inventados intereses electorais, só logran unirnos máis. Todos os comunicados da Comisión de Festas de Santa Cruz son redactados e consensuados entre toda a directiva, facer pensar á veciñanza o contrario parécenos indignante e perigoso.

Advertisement

Sobre a ausencia de efectivos policiais nas noites das festas, non queremos entrar a discutir o declarado polo Sr. Alcalde. Toda a veciñanza de Santa Cruz e doutras parroquias e concellos veciños que asistiron ao evento puideron comprobar as cifras das que falamos no noso primeiro comunicado. Resúltanos ridículo entrar en máis discusións sobre isto, cando resulta evidente para todos os asistentes que se cometeron erros por parte de corporación municipal. Queremos recalcar o noso agradecemento aos efectivos da Policía Local desprazados ás festas de Santa Cruz, que colaboraron en todo o que puideron pese a contar cun número de axentes totalmente insuficiente.

Lamentamos tamén que nin no comunicado oficial do Concello de Oleiros do día 28 de agosto nin en tódalas declaracións aos medios de comunicación non atopásemos nin unha soa mención sobre a falta de cooperación na procesión de subida do Ramo a Igrexa de Lians cunhas 300 persoas pola estrada sen seguridade, a falta de supervisión de puntos críticos, a falta de medios para controlar os espazos restrinxidos para o espectáculo pirotécnico ou os desafortunados berros proferidos polo Sr. Alcalde a un membro da directiva da Comisión de Festas de Santa Cruz mentres descargaba material na Praza Esther Pita. Nin unha soa desculpa ou aclaración unha semana despois.

Para rematar, queremos comunicar a toda a veciñanza e aos medios de comunicación que non entraremos en máis valoracións ou declaracións sobre o acontecido. Despois de dar as explicacións necesarias e debidas a todxs os veciños e veciñxs consideramos que o noso esforzo ten que seguir centrándose no traballo diario para converter o noso Santa Cruz nun lugar aínda mellor e deixar que sexa a veciñanza quen xulgue e valore todo o acontecido.

Coa tranquilidade que só da facer as cousas ben e obrar de boa fe e a firmeza que nos da o voso apoio, seguimos agardando que o Concello de Oleiros se poña en contacto con nós para explicar o acontecido e chegar aos acordos e conclusións pertinentes de forma colectiva e consensuada.

Grazas a todxs polo voso apoio e cariño, sen vós todo isto non sería posible.

Advertisement
Continuar leyendo
Advertisement Diseño web Coruña spot_img
Clica para comentar

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Fiestas en Oleiros

Fiestas de O Santísimo de Iñás 2024 | Programación completa

Publicado

en

Otra de las citas importantes festivas en Oleiros son las Fiestas en Honor al Santísimo Sacramento en Iñás, que este año se celebran del 29 de agosto al 1 de septiembre.

PROGRAMA

JUEVES 29 DE AGOSTO

  • 🕔 17:00h: Fiesta Infantil con cañón de espuma y juegos populares. Diversión asegurada para los más pequeños.
  • 🕗 20:00h: Foliada con bochinche y bolos preñados. ¡No te pierdas esta tradición llena de música y sabor!

VIERNES 30 DE AGOSTO

  • 🕢 19:30h: Gran Sardinada con sardinas, cachelos, pan y vino. Una delicia para el paladar.
  • 🕗 20:00h: Actuación de grupo de gaitas, que pondrán el toque musical a la jornada.
  • 🕚 23:00h: Verbena amenizada por la orquesta Fania Blanco Show. ¡A bailar toda la noche!

SÁBADO 31 DE AGOSTO

  • 🕐 13:15h: Misa Solemne en honor al Santísimo, seguida de procesión.
  • 🕑 14:00h: Sesión vermú con el grupo Alaska, para seguir celebrando con buena música y compañía.
  • 🕗 20:00h: Gran Churrascada con pan y vino. Un festín que no te puedes perder.
  • 🕚 23:00h: Verbena con el grupo Alaska para cerrar la jornada con ritmo y alegría.

DOMINGO 1 DE SEPTIEMBRE

  • 🕰️ Dianas y alboradas para empezar el día con energía y tradición.
  • 🕑 14:30h: Sesión vermú con degustación de callos, amenizada por Gus Dj y el dúo Xilo e Carlos. Un toque final para unas fiestas memorables.
  • 🎢 Atracciones para los más pequeños, asegurando diversión para toda la familia.

 

Continuar leyendo

Fiestas en Oleiros

Fiestas de Perillo 2024 | Programación completa

Publicado

en

Festas de Perillo (2024) en Oleiros

Las Fiestas de Perillo, en honor a Santa Leocadia,  regresan este 2024 para ofrecer tres días de música, gastronomía y diversión. Estás fiestas se celebrarán como cada año en la Pista Cubierta de Perillo, en la Avenida de la II República.

Aquí tienes toda la programación para que no te pierdas nada:

PROGRAMA

VIERNES 30 DE AGOSTO

  • 🕣 20:30h: Gran Mejillonada popular, amenizada por Cristina Cachaldora.
  • 🕚 23:00h: Verbena a cargo de la orquesta Furia Joven y CDC orquestas móviles.

SÁBADO 31 DE AGOSTO

  • 🎺 Pasacalles a cargo de Os Pantoxos.
  • 🕛 13:00h: Sesión vermú con degustación de chorizos al vino, amenizada por DJ Jose.
  • 🎉 Tarde: Juegos para los más pequeños.
  • 🕣 20:30h: Gran Churrascada, amenizada por Iván es Juan.
  • 🕚 23:00h: Verbena a cargo del grupo Bomba y discomóvil Fabrik.

DOMINGO 1 DE SEPTIEMBRE

  • 🕛 13:00h: Misa solemne en honor a la Virgen.
  • 🕑 14:00h: Sesión vermú con degustación de jamón, amenizada por el dúo D’Vicio y discomóvil Impacto con David Bermúdez.

¡Disfruta de unas fiestas llenas de tradición y diversión en Perillo!

Continuar leyendo

Fiestas en Oleiros

Fiestas de Santa Cruz 2024 – Programa

Publicado

en

Fuegos artificiales Santa Cruz
Las esperadas fiestas de Santa Cruz, en honor a la Virxe do Carme y al Santísimo Sacramento, volverán del 22 al 27 de agosto de 2024 a la plaza de Ester Pita.

Las fiestas de este año, que se extienden a lo largo de seis días, presentan un cartel impresionante que promete diversión para todos. Encabezadas por Ortiga, Los Satélites y la actuación estelar de Fillas de Cassandra, el programa incluye el Son do Xaco, un minifestival que reemplaza al polémico Xacobeo.

Programa de las Fiestas

Jueves 22 de agosto

  • 21:00h: Inicio de las fiestas con la II Foliada en el Torreiro de Pita con Alana y As Lagharteiras.

Viernes 23 de agosto

  • 16:00h: Son do Xaco, que incluye:
    • 20:00h: Festa do Chorizo.
    • 21:00h: Actuaciones de Ortiga y el grupo Assia.

Sábado 24 de agosto

  • 12:00h: VI Travesía a Nado ao Castelo, una cita obligada para los amantes del deporte.
  • 14:00h: Sesión vermú y Festa dos Callos.
  • 17:00h: Festa Infantil, para que los más pequeños también se diviertan.
  • 19:00h: Misa en honor a la Virxe do Carme, cantada por la Coral Lembranzas.
  • 20:00h: Gran Churrascada para recargar energías.
  • 22:00h: Verbena con la orquesta Miramar y Toni Seijas.

Domingo 25 de agosto

  • 09:00h: Alboradas.
  • 12:00h: Salida del ramo acompañado por el grupo Santaia.
  • 13:00h: Misa en honor al Santísimo, con la Coral Lembranzas.
  • 14:00h: Sesión vermú y Festa dos Callos.
  • 22:00h: Verbena con la orquesta Acordes.

Lunes 26 de agosto

  • 17:00h: Festa Infantil, otra tarde de diversión para los peques.
  • 20:00h: Festa do Langostino.
  • 22:00h: Verbena con la orquesta New York, continuando la tradición festiva.
  • 00:00h: Concierto de Fillas de Cassandra.

Martes 27 de agosto

  • 20:00h: Gran Sardiñada, una despedida gastronómica por todo lo alto.
  • 21:00h: Actuación de De Ninghures, para seguir disfrutando de la música.
  • 22:30h: Verbena con la orquesta Los Satélites.
  • 00:30h: Gran espectáculo de fuegos artificiales.

 

Continuar leyendo

Más leido