Connect with us

Oleiros

El ANPA del CEIP Juana de Vega denuncia la falta de profesores, una situación que también afecta a otros centros de Oleiros

Publicado

en

La Asociación de Padres y Madres (ANPA) del CEIP Juana de Vega, en Oleiros, ha expresado su preocupación ante la falta de docentes en el centro y la situación crítica que también afecta a otros colegios de la región. A través de un comunicado , han informado a las familias sobre los pasos que han seguido para resolver esta problemática, incluyendo la comunicación con la Inspección de Educación y la Consellería de Educación.

En un esfuerzo por encontrar una solución, la ANPA ha solicitado la colaboración de las familias y ha establecido contacto con el CEIP Rabadeira, que enfrenta dificultades similares. A continuación, se detalla el contenido completo de sus comunicados, donde se expone la situación actual y las acciones que se están llevando a cabo.

Queridas familias. Aviso moi importante!!!

Queremos facer este comunicado para tervos informadas da situación que esta a vivir o noso Centro.

Este curso faltan por adxudicar dous docentes: un especialista PT e un Mestre de Educación Primaria, que nos corresponden.

Advertisement

Pasamos a explicarvos todos os pasos seguidos dende o noso centro.

No mes de agosto, tras a adxudicación dos destinos definitivos dos docentes, comprobaron que no noso centro faltan un especialista en PT e un mestre de educación primaria. A Dirección do centro envía un escrito a Inspección solicitando a corrección deste erro. Dende Inspección responden que teñen razón e que avisan a Recursos Humanos de Educación para que subsanen o erro.

Comezamos o curso e non chegan eses docentes que faltan. Dende o equipo docente volven contactar con Inspección, a cal non sabe que contestar xa que está en mans de Recursos Humanos.

Esta situación está a acontecer en varios colexios de Galicia. Dende os sindicatos dos docentes comunican que a semana do 23 de setembro levarase a cabo unha reunión coa Consellería de Educación para subsanar estes erros. O día 26 comunícase ao Centro que esta reunión non terá lugar ata o 9 de outubro.

Dende o equipo docente do Centro mandan un escrito ao Director Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación, do cal seguen sen ter resposta.

Advertisement

Tamén póñense en contacto co Concello de Oleiros para pedir axuda. Dende Educación do Concello de Oleiros envíase tamén un escrito solicitando explicación e subsanación, o cal tampouco ten resposta.

Póñense en contacto coa Dirección do CEIP Rabadeira, os cales están na mesma situación que nós. Os directores de ambos centros coordínanse para solicitar unha reunión presencial con D. Jesús M. Álvarez Blanco, Director Xeral de RRHH da Consellería.

Dende o Centro solicítannos axuda ás familias, xa que eles a nivel administrativo realizaron todos os trámites que están nas súas mans.
Tras a reunión mantida entre a Asociación e o equipo docente, dende a ANPA enviamos escrito ao Director Xeral de RRHH pedindo unha explicación e solución a esta situación.

Daremos uns días á espera de algunha resposta, de non ser así recorreremos a tódolos medios que estean na nosa man (prensa, movilizacións, etc) para facer visible esta situación e buscar unha solución, xa que non imos consentir que as nosas nenas e nenos se vexan perxudicados por problemas de organización administrativa.

Nós, 26 de setembro de 2024

Advertisement

Continuar leyendo
Advertisement
Clica para comentar

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Más leido

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.